El comunicado de las peñas del Celta sobre el cierre de Río
Continúan los problemas en la cubierta de Río
Río permanecerá cerrada ante el Atlético por seguridad
Caballero no garantiza que Río se pueda abrir ante el Athletic
La Federación de Peñas del Celta de Vigo ha emitido este lunes un comunicado en protesta por el cierre de la Grada de Río de Balaídos para el duelo entre el equipo celeste y el Atlético de Madrid del pasado domingo. En el mismo, señalan que si el encuentro hubiese estado programado para disputarse en otros estadios de LaLiga Santander, se habría suspendido, a la vez que inculpan tanto al club vigués como al Concello por crear una innecesaria guerra entre ambas entidades que perjudica, en primera instancia, a los abonados. También piden que, a ser posible, Río ya esté en condiciones de seguridad para abrirse durante el próximo duelo que tendrá lugar en Balaídos contra el Athletic Club. Asimismo se ensañan con el alcalde de Vigo por haber reiterado, días antes de tomar la decisión del cierre, que la seguridad estaba garantizada. El comunicado al completo reza así:
RESPECTO. SOMOS CELTISTAS E SOMOS PERSOAS
A todo o celtismo en xeral e aos 8.000 socios/as que o domingo quedaron na rúa sen poder entrar en Balaídos é imposible quitarlle esa sensación de rabia e incredulidade. ¿Como se pode chegar a tal punto de despropósito por culpa da nula comunicación entre Celta e Concello? ¿Cómo a mal chamada mellor liga do mundo non permite adiar un partido cando hai tal cantidade de xente afectada? ¿Xogaríase o encontro se isto sucede no Bernabeu ou no Nou Camp?. Todos estes despropósitos acábanos pagando os que ningunha culpa teñen: os seareiros e seareiras.En varias ocasións o Celta foi centro de críticas pola nosa parte por non facer as cousas correctas, erros na comunicación ou pola falla de empatía coa afección en diversos temas no que seguramente hai marxe de mellora. Mais nesta ocasión, desde o Concello de Vigo atárono de pés e mans sen marxe de manobra podendo só criticarlle a carencia de información no comunicado inicial das compensacións que se ían retornar aos afectados/as polo peche da bancada de Río, xa que non esquezamos, é a empresa que ofrece o espectáculo que o abonado/a contrata có pago do abono a principios de tempada e ao que este/a lle ten que pedir responsabilidades. Entendemos que coa devolución dos cartos o Celta actúa en consecuencia e correctamente.Facendo unha análise cunha visión máis ampla e cotexando toda información e a cronoloxía do acontecido, entendemos que é o Concello o maior, que non o único, causante deste esperpento. Ninguén vai criticar que garantir a seguridade das persoas é o primeiro. De feito a afección é a cidadanía en xeral pregúntase se no partido anterior có Girona non houbo risco para os seareiros da bancada de Río, xa que esas deficiencias existían. ¿Quen sería o responsable no caso de suceder unha desgraza? Mais baixo o paraugas da seguridade ou da irresponsabilidade da empresa contratada non pode agocharse o Concello para xustificar a mala fe na súa actuación có Celta, ou a ineptitude para contratar e supervisar a obra. Hai días que públicamente sabíase que retirarían a cuberta da bancada polas deficiencias atopadas, e enfrontan aos socios/as có clube notificando o peche a última hora sabendo que é o clube o que ten que atender ás demandas dos afectados/as sen tempo material para facelo.A secuencia deste domingo é unha máis da tétrica película que levamos vivindo os e as Celtistas coa obra de Balaídos nos últimos anos, con farois e incumprimento sistemático dos prazos dende o Concello e Deputación no que por un lado, Abel Caballero fala de “obra faraónica, Guggenheim do fútbol ou Balaídos vai ser o mellor estadio do mundo” e pola outra, o Celta recalca tódalas deficiencias existentes e palabras ao vento da Administración.Os celtistas estamos fartos, cansos de tantas mentiras e alburgadas. Non somos bonecos manexables nin do Concello nin do Celta. Somos Celtistas que amamos unhas cores. Celtistas que tan só queremos ir a un Balaidos seguro, gozando orgullosos do noso equipo, e non ter que quedar na rúa como este Domingo pola ineptitude ou presións políticas dalgúns. Celtistas que reclaman un arranxo na relación Celta - Concello. Celtistas que desexan que a bancada de Río esté operativa para o partido do Athletic, ou de non ser posible exista comunicación con antelación para que o clube poida actuar en consecuencia e atender aos afectados e afectadas.Non queremos verborrea populista nin queremos o mellor estadio do mundo. Como brincadeira xa está ben. Tan só pedimos RESPECTO porque somos celtistas e somo persoas.¡¡ALA CELTA!!Asinan este comunicado as seguintes peñas e colectivos:CARCAMANS CELESTES CENTOLOS CELESTES COLECTIVO NÓSFDSIRMANDIÑOS 1923PEÑA BURGALEGOS CELESTESPEÑA CELTISTA A MAO NEGRAPEÑA CELTISTA ALCOYANA OSCAR PRIETO PEÑA CELTISTA ALENTO CELESTEPEÑA CELTISTA ALLARIZ CELESTEPEÑA CELTISTA ALVELOPEÑA CELTISTA ARRIBADA CELESTEPEÑA CELTISTA BOINAS CELESTESPEÑA CELTISTA BRENGA CELESTEPEÑA CELTISTA BUEU CELESTEPEÑA CELTISTA CASTRÓNS 1923PEÑA CELTISTA CELTAS DO VERDUGO PEÑA CELTISTA CELTILIKOSPEÑA CELTISTA CIGARRÓN CELESTEPEÑA CELTISTA CONDADO CELESTEPEÑA CELTISTA DE ARBOPEÑA CELTISTA DE GINEBRAPEÑA CELTISTA DE MALLORCAPEÑA CELTISTA DE PONTEAREASPEÑA CELTISTA DE PORTO DO SONPEÑA CELTISTA DE SARRIAPEÑA CELTISTA DO MILLADOIROPEÑA CELTISTA DO RIBEIROPEÑA CELTISTA DOCTOR COTAPEÑA CELTISTA FERNANDO VAZQUEZ PEÑA CELTISTA GUDELJ - VIGOPEÑA CELTISTA HORDAS CELESTES PEÑA CELTISTA IAGO ASPASPEÑA CELTISTA JORGE OTEROPEÑA CELTISTA LE-CHUZAS CELESTES PEÑA CELTISTA LENDA CELESTEPEÑA CELTISTA LEXIÓN CELESTE PEÑA CELTISTA LÍO EN RÍOPEÑA CELTISTA LONDON CELTAS PEÑA CELTISTA MERLEGOS CELESTES PEÑA CELTISTA MI BENDITA CONDENA PEÑA CELTISTA NATXO INSAPEÑA CELTISTA O BARCO DE VALDEORRAS PEÑA CELTISTA OS DO BANCOPEÑA CELTISTA OS TABERNICOLASPEÑA CELTISTA OS VIADUCTOSPEÑA CELTISTA OS ZOQUEIROSPEÑA CELTISTA PREFERENCIA CELESTEPEÑA CELTISTA RAMALLOSA-CANIDOPEÑA CELTISTA RIKITRÍPEÑA CELTISTA SEMPRE CO CELTAPEÑA CELTISTA SEMPRE PAHIÑOPEÑA CELTISTA SIAREIROS DEZAOSPEÑA CELTISTA SIAREIROS.NETPEÑA CELTISTA SOBRAN OS MOTIVOSPEÑA CELTISTA TEIXUGOS CELESTESPEÑA CELTISTA TERMAS CELESTES OURENSEPEÑA CELTISTA VILAGARCÍA DANI ABALOPEÑA CELTISTA VIVEIRO CELESTEPEÑA CELTISTA SECCIÓN LAMPARÓNPEÑA CELTISTA ZERU-URDIN
