Es Noticia
Xabier P. Igrexas: "Queremos impulsar o programa 'Deportes H2O' e aproveitar o potencial que ten Vigo co mar"
  • Mi perfil
  • Salir

Xabier P. Igrexas: "Queremos impulsar o programa 'Deportes H2O' e aproveitar o potencial que ten Vigo co mar"

DMQ
Foto autor
Alberto Bravo

Xabier Pérez Igrexas preséntase ao Concello de Vigo como candidato do Bloque Nacionalista Galego. O seu discurso, fluído e apaixoado, é o froito da ilusión que percibe na cidadanía viguesa durante esta campaña electoral. Convencido de que o BNG será a gran sorpresa este 28 de maio, cando se abran as urnas nos colexios electorais da cidade, Xabier P. Igrexas soña cun Vigo onde todas as nenas e nenos poidan practicar deporte sen que os ingresos dos seus proxenitores sexan unha barreira. Unha cidade aberta ós deportes náuticos, onde os clubs teñan os recursos necesarios para competir e no que as escolas municipais abran o seu abano ós deportes minoritarios

"Está totalmente abandonado, por iso nosa proposta é restablecer a nefasta política destes últimos anos", denunciou Xabier P. Igrexas mentres sinalaba as pistas de atletismo de Balaídos "que literalmente cae a cachos polo seu lamentable estado". O candidato do BNG lembrou que se tardaron meses en substituír "a gaiola de lanzamento e acumúlanse valados que están rotos" mentres que o "ximnasio converteuse nun rocho". "Por non ter, non tiveron nin papel hixiénico durante semanas". Un exemplo, o das pistas de atletismo, que se repite "na práctica totalidade das instalacións municipais entre as que se atopan o Pavillón do Carme "que necesita unha reforma estrutural" ou o pavillón de Romil, que está pechado dende a súa estrea "sen apenas uso", engadiu.

Pista de atletismo de Balaídos (Foto: Concello de Vigo).
Pista de atletismo de Balaídos (Foto: Concello de Vigo).

Xabier P. Igrexas non se cre as propostas lanzadas nas últimas semanas por parte de Abel Caballero, entre as que se atopa un novo pavillón polideportivo para a parroquia de Cabral ou a reforma do campo de fútbol do Vao. "A de Carballal é unha desas actuacións que se prometeron unha e mil veces. É parte desas moreas de promesas incumpridas dun goberno municipal que nos últimos catro anos deixou sen executar 436 millóns de euros", denunciou.

A reforma de Balaídos: "Unha auténtica chapuza"

Coa reforma do estadio de Balaídos tirou de ironía ao sinalar que "prometéronnos o Guggenheim do fútbol e imos camiño dunha mala copia da Sagrada Familia". "Este estadio tiña que estar terminado en 2017. Estamos en maio de 2023 e a bancada de Marcador segue sen abrirse e nada sabemos da bancada de Gol. Non hai nin prazo, nin partida e proxecto. O investimento máis elevado do Concello de Vigo nos últimos anos 20 anos, que seguro superará os 60 millóns de euros, é unha auténtica chapuza".

Mantenimiento del césped en Balaídos (Foto: RC Celta).
Mantenimiento del césped en Balaídos (Foto: RC Celta).

Fomentar os deportes naúticos con programa 'Deportes H2O'

Un dos puntos chaves do seu programa en materia deportiva é abrir a cidade ó mar: "Temos que aproveitar o potencial que ten Vigo no ámbito dos deportes náuticos". "Queremos impulsar un gran programa 'Deportes H2O' que poña en valor unha disciplina tan esquecida nos últimos anos", destacou Xabier P. Igrexas. O candidato do BNG lembrou que "as veciñas e os veciños de Teis non poden utilizar a súa piscina desde fai máis dun ano". Outra das actuacións urxentes para a cidade de Vigo é "recuperar a piscina olímpica que practicamente está soterrada nas instalacións da ETEA".

As escolas deportivas e o uso das instalacións municipais

A falta de dotacións nas parroquias e a precarización dos seus servizos son outras das denuncias realizadas por Xabier P. Igrexas: "Este goberno municipal é o campión das privatizacións" provocando un empeoramento das condicións e horarios das instalacións deportivas públicas de Vigo. Tamén lamentou que "as escolas deportivas municipais fóronse reducindo". "Temos que achegar ás nenas e nenos á práctica deportiva. Ten que haber un compromiso do Concello de Vigo para aproximar os deportes minoritarios como o fútbol gaélico, o béisbol ou o rugby que merecen atención".

Unha situación que se repite cos clubs deportivos da cidade. Uns clubs que se caeron das competicións de elite e que, salvo o Celta Zorka, non conseguiron regresar. "O que nos trasladan é que as axudas e o apoio municipal no mellor dos casos estivo conxelado durante todos estes anos vendo como se comprometía mesmo o seu sostemento económico. Atrasáronse os trámites para lograr as subvencións e atrasáronse os pagos. Moitos clubs estiveron preto de non poder competir porque o Concello tardou meses, incluso unha tempada enteira, en pagar as subvencións comprometidas".

Piscina municipal do Carme (Foto: Concello de Vigo).
Piscina municipal do Carme (Foto: Concello de Vigo).

Tampouco está a favor que os clubs paguen polo uso das instalacións deportivas municipais: "É un delirio que esteamos a cobrar aos clubs que son as base e a canteira do deporte vigués". "Só o ano pasado o Concello de Vigo deixou de gastar 152 millóns de euros, non é un problema de recursos". Impulsar o deporte feminino "para poñelo en primeira liña" debe ser "unha prioridade para o Concello".

O mesmo sucede co deporte adaptado: "Non podemos lembranos só dos deportistas con discapacidade ou diversidade funcional cando canto teñen grandes títulos deportivos". "Hai que facilitar a práctica deportiva porque estes deportes esixen máis medios con necesidades desde o punto de vista dotacional que non poden soportar os propios deportistas, as súas familias ou os clubs", destacou Xabier P. Igrexas. "O Concello de Vigo debe ser un gran facilitador durante todo o ano e con todas as disciplinas" apuntou o candidato do BNG que espera que na próxima lexislatura "déixese de castigar ó deporte vigués".

0 comentarios
Escribir comentario 0 comentarios
Deja una respuesta

Información básica de Protección de Datos:
Responsable de los datos: El Desmarque Portal Deportivo, S.L.
Finalidad: con la que se tratan sus datos personales: gestión de comentarios en el blog.
Derechos que le asisten: podrá acceder, rectificar y suprimir los datos, así como revocar la autorización para el tratamiento de los datos, ejercitar los derechos de limitación, portabilidad, y a no ser objeto de decisiones automatizadas dirigiéndose por escrito a la dirección: legal@eldesmarque.com.
Información adicional: puede consultar la información detallada en el siguiente enlace: https://www.eldesmarque.com/politica-de-privacidad (apartado “Gestión de comentarios en foros y blogs”).

Cancelar

Cargando

Has preferido rechazar las cookies, regístrate para acceder al contenido

El registro permite navegar rechazando el aviso de cookies, pero no implica dejar de recibir publicidad ni acceso a contenido o ventajas exclusivas. Si ya estás registrado, haz click aquí para acceder.

Recuerda que tienes la opción de aceptar las cookies para acceder al contenido sin registrarte